O rostro doce dunha muller non concreta,
un bico de pedra, un eterno viaxeiro hacia ningún ou algún lugar, unha tarde de
inverno nunha praia sen testemuña, un café compartido coa penumbra confidente,
o son do premer das teclas dunha antiga máquina de escribir nun cuarto esquencido…
Estas poderían ser algunhas das
múltiples imaxes evocadas o sumerxirme nas túas letras. Escollín fotos miñas
para facer palpables dalgún xeito para ti, esas visións tan idílicas como
sosegadas, establecendo tamén, certa interconexión entre as túas verbas
cantadas e as instantáneas que vou “espoliándolle” ó mundo. Porque si, porque
se me veu á mente tal asociación e porque me prestou materializala.
E é que se teño que definir nunha soa
verba o sentir xeral ó escoltarte, esa sería SERENIDADE. Pode semellarche un
absurdo, ata pode non gustarche causar ese efecto, mais, a lo menos no meu
caso, excepto en intres nos que é prefireble non pensar e nesa búsqueda se opta
por unha música máis ruidosa, menos íntima… sempre aposto por aquela outra que
me transmite a calma precisa para usala como refuxio, desfrutala e “voarme” da
realidade por un intre. A túa vai sobrada neste fin e iso para min, sen maior
pescuda, di moitísimo ó teu favor como profesional do arte das musas.
Aínda así, veña!, voume animar a
profundizar un pouco nela dándoche humilde opinión, xa que niso consistía a miña
parte no intercambio pactado entre os dous.
Continuo sendo sincera se confeso que
despois de verte/escoitarte nos vídeos, guitarra en man, armónica “en boca” de
por veces, e a túa voz “espida” nese
escenario, sen ningún outro tipo de acompañamento, todiño o demáis é…
superfluo. Quero dicir con isto que en directo, só cos elementos que che acabo
de mencionar, chegas tan fondo -non teño reparo en admitir que me abraiaches e
para ben- que o traballo de estudo, por moi bo que sexa –e disto evidente, non
entendo nadiña- nunca parece superar o cantar libre, sen adornos, carente de
artificio. É unha percepción compartida co facer de máis artistas do gusto,
manía se queres, son amiga da sinxeleza. Menos sempre é máis. (Cobizo un
acústico estando presente de xeito físico, como non…)
Perdoa se me amosei osada.
O que non resulta osado dicir é que ti superaches o meu reto -musicalmente
falando- con moi boa nota. E aseguroche que a honestidade é a "marca"
de todo o exposto, para o bo, que é case todo; para o malo, que como observas é
ben menos.
Quedóuche claro o tema que
tes que preparar para que eu o poida saborear en exclusivo directo e con
exclusiva adicación? Lembra que tes un contrato verbalmente "asinado"
comigo. Despois diso, senón me convences xa podes "marchar que tes que
marchar" ;-) ...
Unha aperta e a seguir
disfrutando da cidade da furia.
Bicos Xabier.