La Paz; esa ciudad que vive màis cerca do ceo que da terra con nombre e aspecto tranquilo con aire un chisco desordenado e onde andar a correr asfixia, e certo, a ciudad està a 3700 metros de altitud e a min polo menos afèctame; viña advertido que a xente era tìmida pouco faladora e moi reservada...pero amigos para min moi ben digamos que... rebièn! encontreime con xente encantadora e... a mùsica è moi importante eiquì, hasta comprei un charango que prometo saber tocar...
Das cousas que màis me gustan de Bolivia...è que moi barato, polo menos na Paz, podes comer por vinte bolivianos (unhos dous euros e pouco...) podes tomar un jack daniels por vintesete, està ben, que pasa... que cheguei fai tres días e xa necesito cambiar, esperarei hasta o viernes porque mañà teño unha reuniòn pra poder tocar eiquì asi que debo de esperar, non è moi grande...a ver... non é coma Goo, ten case un millòn de habitantes pero xa a repasei e non è o meu lugar pra vivir, gùstame pra visitar e pra cantar pero non para vivir. Outra cousa moi distinta è o hostel onde estou hasta mañá, púdome quedar a cabeza ben descansada... mimadriña vaia descontrol, chámase Loki pero deberíanlle cambiar a "i" por unha "o" tería o nombre que merece, còntovos esi por encima pa que vos riades por non chorar.
Cheguei o viernes a verdà por casualidad aìnda que o meu inconsciente sabìa que era fin de semana e podìa ser unha boa opciòn chegar e tomar unha cerveciña e contar un conto con calquera que estuvera por alì e asì seguir aprendendo cousas; chego polas dez da noite e na recepciòn habìa un pila rapaces e rapazas... esi coma min pero de dezaoito a vinteùn anos mais ou menos...jiji! a verdà e que xa no me gustou un carallo porque aínda que sabedes que eu de festa compìtolle a calquera aínda que teña vinte...de momento claro, pero non me gustou porque non ando buscando eso, preciso dalgùn xeito estar moi a gusto,sin nadie que me acelere e moi na miña idea, pois o caso e que fixen o Check in (que ben me quedou eso, é que ahora sei idiomas ou que pensas...) sí o ingreso, deixei a mochila na habitación e dispúxenme a refrescarme cunha paceña, enténdaseme ben...unha cerveza, subo ò bar e.....buuuuuu... as hormonas andaban en bicicleta pero moi á prisa...unha barbaridá, eu con cara de circustancia pido a cerveza, na barra dúas camareras e dous individuos que dos catro non se sabìa cal deles era o que máis dosis de cocaìna levaba na cabeza...pero onde carallo me metìn!!!... pùxenme a falar cun Chileno que tiña a misma cara ca min...sì, esa como de que carallo fago eiquì (non sei en chile como dice eso...) pero que pensaba o mismo ca min seguro...acabei a cerveza a correr e funme deitar...eran polas doce da noite e o viaxe hasta eiquì fora...deixèmolo en pesado.
Erguinme às 9 da mañá e salín ver o pueblo e moi ben, xa vos dixen... entrañable, distinto..., estuven todo o dìa por eí, nun comentario puxen que unha señora me advertiu dun peligro...pois esí rápido cóntovos que era unha zona onde o tráfico de drogas e armas xogaba en primeira división...entendido?...jj! sí foi boa idea non achegarse; volvín "al lugar de las noches perdidas...y los días también...) eran as sete da tarde... era sábado e a verdá e que a min prestàbame tomar unha copa e ver a noite paceña pero non no hostel...entrei e na recepción se a noite anterior había dez rapazes elí había cincuenta...ahá! dixen..ahora sí que se armou...funme duchar e despois fun cenar ca compañeira de litera que é du Brasil de Espiritu Santo (non terían outro nombre tamén que poñerlle ó pueblo oh!...)cenamos unha pizza ben rica por certo e volvemos, eran as nove e pico da noite, subimos ó bar e... as hormonas deixaron a bicicleta do día anterior non sei onde... aquelo era como dicen os Auténticos Decadentes un thunami hormonal...mimadriña que loucura, nin nos meus mellores tempos e despois que eu estou tolo..., xente pola barra tirando cerveza pola cabeza... eran as dez da noite!! eu decía pero logo... cando sean as 4 da mañá daranlle a volta o hostel...o caso é que tomei dous Jack Daniels que xa deixei o Dic, ahora gústame iste...por se queredes apuntar nunha berza para cando chegue jj! e marchei pa cama, si si pa cama reventábame a cabeza, teño que decir que o tema da altura é incómodo.
Chego á habitación e ...oh sorpresa!!... un pequeno durmindo na miña cama...home non me jodas...non podía ser unha pequena...en fin...vouno despertar e claro...borracho coma unha nasa...- a ver oh! érguete deí que esa a miña cama... faláballe galego íbame entender igual...deino levantado...adivinei cal era a súa cama e deiteino elí...prepárome, busco música pa durmir etc... apago a luz e ós cinco minutos sinto un ruido, saco os cascos...e... non estaba o pequeno chamando ó Julio...(vomitando pos que entendan...) canimal... e boa verdá.. . o que con pequenos se deita...xa sabedes o refrán... pero por se acaso...cagado se levanta!!! me cago no pequeno de...!! a miña cabeza no daba máis, doíame...fun chamar a da recepción, chegamos e.... un panorama maravilloso...limpou como pudo a pobre da muller pero claro quedou un cheiro toda a puta noite...estupendo, despois chegaron dúas finolis...uy que mal huele!...non huele que cheira lles dixen...non entenderon a gracia...e acabei por intentar durmir ó final conseguino, e... así acabei a noite.
Pero para mellorar todo esto onte fomos cenar Caroline e máis eu a un sitio....jujuju! que lujo, que maravilla que cousa máis genial con música en directo por supuesto, cenamos e bebemos hasta que nos cansamos por... ó cambio, vinte euros e pra rematala dous tipos dos cales xa son fan incondicional a dúas guitarras e facendo percusión cos pés e cantando salsa, boleros...que maravilla que honor escoitalos, non minto se vos digo que facía MOITOS ANOS que non vía algo tan genial, como me gustaría que os escoitarades, este jueves volven estar e por suposto que imos volver, dígovos de verdá que me pareceron tan grandes...a xente posta de pé!!!.... como disfrutamos. E...así é de momento a miña estancía boliviana, mañá me diran onde podo tocar e xa vos irei contando...
A próxima entrada será en castellano (penso...) aínda que lle collín o gusto a escribir como falo jj! estas cousas contadas en castellano non teñen gracia, a que non??,pero así poden entendelo moitos amigos que teñen a desgracia de non conocer o galego.
PD. Un día ei de facer un relato sobre as lenguas do país porque aínda que pareza incríble para o mundo sólo existen o vasco e o catalán e vasco sobre todo...eso algo quere decir...xa falaremos.
La Paz, 6 de xaneiro de 2013 son as 11 da noite.